PAZO O APRAZADOIRO

Civil
2136

Localización

Parroquia: Nande (San Simón)

Lugar: O Aprazaduiro s/n

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 50.8" N - 9º 00' 23.2" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.

Estamos ante os restos do que noutrora foi o histórico Pazo de Aprazadoiro xa que na actualidade só se conserva unha casa de pedra situada no medio da aldea e a capela do Pazo. No seu interior hai un retablo barroco do século XVIII, e ademais ten un escudo nobiliario que representa a familia dos Mariño, Lobeira, Bermúdez, Castro y Vilardefrancos. Actualmente ten a función de Alpendre.

En canto a casa de pedra (antiga dependencia desta mansión) é de planta graduada formada por dous corpos rectangulares unidos. Muros de cadeirado e cuberta de tella a dúas augas. Na súa fachada dereita pódese ver a pegada da cuberta da parte do Pazo derrubada. No seu lugar atópase unha nova construción cun escudo. Pola parte posterior sobresae un anexo semicircular correspondente ao forno.

Máis información

Conservado
Arriba