PAZO DE GRALLAL

Civil
1622

Localización

Parroquia: Covas (San Xoán)

Lugar: Covas

27861  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 40' 18.9" N - 7º 36' 46.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Está situado no acceso de Viveiro a Covas. O edificio é de forma rectangular con dúas portas de acceso, unha con arco de medio punto e outras con arco rebaixado, ambas as dúas son reminiscencias do gótico isabelino. Os muros son de cachotaría e atópanse recebados, a cuberta é de tella nunhas zonas e de lousa noutras. Unha enorme cheminea sobresae entre as cubertas. A capela atopa no lateral norte.

Acceso

Está en fronte á praia de Covas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!