PAZO DE CARROCIDE

Civil
277

Localización

Parroquia: Lagoa (San Vicente)

Lugar: Carrocide

27774  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 01.0" N - 7º 26' 26.9" W

Descrición

Foi ordeado construir polo arcediano de Viveiro Pedro de Rigueiro Freire y Andrade o 23 de decembro de 1686. Trátase dunha Casa-Pazo con dous portalóns de entrada en forma de arco de medio punto, graneiro, alpendres, capela e gran casón señorial blasonado e organizado en tres corpos. Dous deles en forma de torre almeada de dous pisos, con cuberta a catro augas e pináculo a modo de almeas e o terceiro de pranta rectangular, dous pisos de altura e teito a tres augas. Interiormente destaca a cociña con cheminea e o mobiliario das habitacións que é do século XIX. Todo o conxunto está realizado en pedra de cantería ainda que ennegrecida polo paso do tempo. Propiedade privada non visitable.
Arriba
Axúdanos a mellorar!