PAZO DE LÓNGORA

Civil
1464

Localización

Parroquia: Liáns (Santaia)

Lugar: Lóngora

Rúa Casares Quiroga 29

15179  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 10.9" N - 8º 21' 06.9" W

Descrición

Pequeno patio de entrada formado polo portalón e a parte interior da L que configura o Pazo. Detrás xardín con fonte de pedra e lavadoiro. Outra fonte preto da anterior alimenta unha antiga gabia, agora piscina, que nas esquinas conserva as figuras das catro estacións. Terreo dedicado a árbores froiteiras e cultivo. Alpendres a ambos os dous lados do Pazo. Casa hortelana pegada á dereita do Pazo. Planta en L. Fábrica de cadeirado e cachotaría de granito recebada. Na fachada interior da L patín substituído por grande balcón corrido de ferro forxado, sobre grandes ménsulas de cadeirado, ao que se accede por escaleira con alto peitoril.
Propiedade pública (concello de Oleiros) cedida á Universidade de A Coruña. Non visitable.

Acceso

Dende Oleiros tómase estrada cara a Santa Cruz. Antes de chegar á vila existe desvío cara a Liáns. Toma o desvío e antes de chegar á igrexa de Santaia de Liáns, a man dereita está o pazo.

Arriba
Axúdanos a mellorar!