PAZO DE ABELLA

Civil
280

Localización

Parroquia: Iñás (San Xorxe)

Lugar: O Campamento

15171  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 14.9" N - 8º 18' 36.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Na parte posterior sitúase o xardín, logo ensánchase e dá lugar a unha grande extensión dedicada a labradíos e árbores froiteiras, onde se atopa a casa dos colonos. Planta rectangular con dous corpos de planta baixa pegados lateralmente e alintelados ao principal, formando patio de entrada. Muros de cachotaría de granito recebados e encalados, cantería do mesmo en esquinais, cornixas, linteis, xambas, ... Edificio de dúas plantas e bufarda, caracterizado pola simetría en composición volumétrica e de ocos, balcóns, galerías e bufarda.

Acceso

Dende Oleiros toma a estrada dirección Iñás e despois segue as indicacións para incorporarte a N-VI dirección Lugo- Madrid. De seguido faremos un cambio de sentido para dirixirnos dirección A Coruña. O pazo está situado nesta estrada a mán dereita.
Arriba