PAZO DE CARTELOS

Civil
1589

Localización

Parroquia: Cartelos (Santo Estevo)

Lugar: Cartelos

27527  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 05.8" N - 7º 51' 25.4" W

Descrición

Illado nun amplo val, xunto o Monte Faro. Data do S.XVIII, de dúas plantas e muros de boa factura en pedra e arcos dovelados. Importante solaina sobre o val. Patio interior con escalinata e corredor. Importantes fontes minerais. Conta cunha gran carballeira centenaria, onde atopamos o carballo máis antigo de Galicia, creese incluso que do mundo.
Propiedade privada.

Acceso

Partindo de Castro (Carballedo) en dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Aquí tomamos dirección Cea e a 400 metros tomar a LU-P 10-02. A 6 km tomar unha pista a esquerda (deixando atrás un palco de música, e a estrada LU-P 10-02, tamén a esquerda) e a 50 metros atópase o cerre do recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!