PAZO DE FOLLENTE

Civil
267

Localización

Parroquia: Mira (Santa María)

Lugar: Follente

15855  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 33.9" N - 8º 53' 48.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Situado nas inmediacións dun núcleo rural, sobre a pendente dun pequeno outeiro polo que se accede. Arredor do pazo atópase o terreo, que ten unha forte pendente, con zonas axardinadas. Planta alongada con dependencias engadidas ao seu extremo S. Muros de cachotaría de granito, revogado, agás nas esquinas, xambas, linteis. . . etc. Ocos rítmicamente dispostos na fachada E. Cuberta de tella curva a catro augas.

Acceso

Está situado a 2 quilómetros do núcleo municipal. Para chegar hai que coller a AC-404 dirección Santiago e no quilómetro 88 coller un desvío a man esquerda dirección a Rosende. Aproximadamente a 500 metros atopamos o pazo a man dereita.
Arriba