CASA DOS LEMA DE BERDOIAS

Civil
1444

Localización

Parroquia: Berdoias (San Pedro)

Lugar: Berdoias

15128  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 20.9" N - 9º 05' 03.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Trátase dunha casa do ano 1607, como se pode ler na inscrición da súa porta. Foi fundada polo fidalgo Alonso II de Lema, quen tamén trasladara a igrexa parroquial de lugar, anteriormente na Grixoa. Era familiar da Santa Inquisición, responsable de vixiar a zona. 
A casa é de planta rectangular con dous corpos diferenciados. Os muros están compostos na maior parte de bloques de cadeirado de granito e cachotería noutros lenzos da parede.

Acceso

Débese saír de Vimianzo en dirección a Fisterra. Ao chegar á aldea de Berdoias deixar o coche aparcado na igrexa parroquial e dirixirse a pé até a casa fidalga.
Arriba