Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO DE PARDIÑAS&body=Recoméndoche que leas a información PAZO DE PARDIÑAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/9378/pazo-de-pardinas?langId=gl_ES
Parroquia: Sobrán (San Martiño)
Lugar: Vilaxoán
Rúa Pardiñas 8
36611 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
O pazo de Pardiñas, tamén coñecido como Casa-Torre dos Pardiñas Villardefrancos, foi construído no século XVI por Juan Daval e María Pérez de Leiro, á súa vez fundadores do convento de Cambados, o pazo pasou pronto a ligarse á familia Pardiñas Villardefrancos. Foi reformado no XVIII.
En Pardiñas ten máis presenza a ostentación de poder fronte ao exterior que as construcións anexas, aínda que tamén é destacable o xardín interior. As gárgolas que percorren toda a cornixa; os contundentes canzorros que sosteñen os amplos balcóns con varanda de ferro fundido polos que os señores da casa asomábanse á rúa; e, sobre todo, a torre cadrada que se achega ao final da casa rectangular, axudan a reforzar a presenza do edificio no medio dunha trama urbana que, na súa orixe, estaba composta por vivendas de pescadores e de planta baixa.
Propiedade particular. Só é posible visitar o exterior.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.