PAZO-CASA DO PIÑEIRO

Civil
832

Localización

Parroquia: Alxén (San Paio)

Lugar: Grixó

36458  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 05' 43.9" N - 8º 31' 24.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Edificio de planta cadrangular, de dúas plantas e adega. De pedra de cachotaría con esquina de perpiaños. O resto do edificio debeu ser engadido posteriormente. Ten dous escudos nunha das súas fachadas. A capela é do ano 1919. Hai no seu xardín unha grande fonte de pedra rectangular con mascaróns esculpidos que procede do Pazo de Picoña.
Arriba