PAZO DE ROSENDE

Civil
1152

Localización

Parroquia: Calvos de Socamiño (San Martiño)

Lugar: Rosende

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 20.9" N - 8º 15' 16.2" W

Descrición

Pazo de planta case cadrada, do século XVIII, de estilo barroco. Executado con muros portantes de cachotería e luces de cantería. Dispón de capela exenta que flanquea a entrada da casa. Conserva dous grandes lagares e entre as dependencias complementarias coas que contaba destacar a ferrería, zapatería ou carpintería. O escudo situado na fachada presenta as armas dos Hermida, Porras, Lemaire, Du Croc e Wander-Roe.
Utilizado como segunda vivenda.

Acceso

En automóbil son 9,8 km., uns quince minutos desde a Casa do Concello. Seguir cara ao norte pola AC-240, pasando polos lugares de O Barral, A Santaia, O Outeiro e A Eirexe. Virar á dereita cara ao lugar de Mane, coller á dereita e logo de novo á esquerda, pasando por Calvos, Xunqueira e Vilar, ata chegar ao lugar de Rosende.
A pé son 8,8 km., algo menos de dúas horas desde a Casa do Concello. Seguir cara ao norte pola AC-240, pasando polos lugares de O Barral e A Santaia, pouco despois da Área Recreativa virar á dereita e transcorrido 1,5 km. coller á esquerda cara ao lugar de Mane, Cézar, Calvos, Xunqueira, Vilar e Rosende.
Arriba