VAL DO RÍO NAVEA

Espazos naturais
2473

Localización

Ourense

A Pobra de Trives | San Xoán de Río

Coordenadas:
42º 22' 16.9" N - 7º 16' 29.1" W

Descrición

Ribeira dos castiñeiros
O río Navea rende as súas augas no Bibei pouco antes de que este desaugue á súa vez no Sil, ao cal lle espera o mesmo no Miño. Toda unha carambola das augas que pon en contacto o Macizo central ourensán co maior sistema fluvial do noroeste peninsular, o Miño-Sil.
Todos estes ríos labraron corredores naturais cunha paisaxe a medida. O val do Navea é o que se conserva menos alterado. Destaca polo predominio da vexetación arbórea, como a gran fraga de San Xoán de Río a un lado do río e ao outro un dos afamados soutos da comarca de Trives. Históricos castiñeiros acompañados dos sequeiros, construcións dun andar empregadas para secar as castañas. Algúns están a ser rehabilitados.
No comezo do espazo protexido está un dos seus principais atractivos: Ponte Navea, construído na Idade Media sobre os restos da antiga ponte romana.

Acceso

Desvío por estradas locais a partir da OU-536 (Ourense-A Rúa) ao seu paso polo concello da Pobra de Trives.

Situación

Concellos ourensáns de San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Superficie

706 ha.

Servizos

Aloxamento e comida: Si.
Arriba
Axúdanos a mellorar!