ROMARÍA DE SANTO HADRIÁN

Festas de interese turístico
988
Datas de celebración: 18/06 - 18/06

Localización

Malpica de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 22.9" N - 8º 49' 53.9" W

Descrición

Dende a ermida do Santo Hadrián do Mar divísanse as illas Sisargas, un refuxio natural para as gaivotas e os corvos mariños. Esta paisaxe singular da Costa da Morte imprime a esta romaría un incentivo engadido xa que a pequena capela do século XVI está situada no cabo Santo Hadrián. Ata aquí teñen que subir os infatigables romeiros co santo aos ombros dende a igrexa parroquial de San Xulián en Malpica. Ao amencer, tras o anuncio dos fogos e bombas de palenque, comeza un inesquecible percorrido de cinco quilómetros que pasa por camiños e praias. Ao seu paso pola praia de Seaia, unha serpe tallada sobre unha pedra lembra que Santo Hadrián librou esta zona dunha terrible praga. A maioría dos fieis van a pé, aínda que é frecuente ver romeiros a cabalo. A romaría atrae milleiros de devotos non só da Costa da Morte, senón de toda Galicia. Nas proximidades da capela, os romeiros lávanse na fonte de augas milagreiras, moi boas para as enfermidades da pel, especialmente para as espullas. Despois colgan os panos das árbores do contorno. Durante a xornada, a capela acolle a celebración de varias misas mentres a imaxe do santo é venerada. Non falta o polbo nin a música, e as familias gozan dunha comida campestre.

Para non perderse
: O percorrido dos romeiros co santo ao lombo desde a igrexa parroquial de San Xulián de Malpica ata a capela, situada no cabo Santo Hadrián.

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!