FESTAS DE SAN FROILÁN

Festas de interese turístico
4598
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 04/10 - 12/10

Localización

Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 19.9" N - 7º 33' 38.0" W

Descrición

Unha peculiaridade das festas patronais de San Froilán, que se celebran desde 1754, é o grande atractivo que teñen para todo o resto de Galicia. De feito, nas dúas fines de semana que abrangue, Lugo convértese no epicentro da vida social de Galicia, en torno ás que son consideradas as festas do outono galego por excelencia. 
Un dos días grandes é o segundo domingo das festas, bautizado “O Domingo das Mozas” e dedicado á exaltación do traxe tradicional e o folclore galego.
As prazas da zona antiga énchense de actividades: desfiles de cabezudos, charangas, mercados e espectáculos de maxia e malabares sucédense estes días festivos. As festas rematan cunha feira medieval na praza da Catedral e os arredores da muralla romana. Pola noite un grande espectáculo de fogos de artificio pon o punto final.
Nestes festexos, os nenos e nenas adquiren un protagonismo especial co San Froilanciño, un conxunto de actividades organizadas para eles que inclúe xogos populares, competicións de xadrez, obras de teatro e de monicreques.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de interese turístico nacional
Arriba
Axúdanos a mellorar!