FOLIÓN DE CARROS DE CHANTADA

Festas de interese turístico
272
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 25/08 - 25/08

Localización

Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 33.9" N - 7º 46' 09.9" W

Descrición

No arranque das festas patronais, o sábado pola noite ten lugar en Chantada un desfile de carros do país tirados por bois, sobre os que se representan diversas escenas de oficios tradicionais e de labores agrícolas. Amenizada coa actuación de gaiteiros e bandas, esta mostra de etnografía popular ten a súa orixe na Idade Media, nos tempos en que os gremios abandonaban durante un día o seu tradicional illamento e percorrían a localidade conxuntamente. Co seu desfile sobre o seu propio carro, os artesáns daban fe da súa existencia e o seu valor na organización social da época.
Muiñeiros, zoqueiros, carpinteiros, fiadeiras... son algúns dos oficios retratados, así como labores agrícolas de fonda tradición en Chantada, como a vendima. Toda a cultura popular desta terra ponse de manifesto no folión de carros. É costume mollar os eixos do carro co fin de que a estridente acústica do seu “canto” encha o ambiente durante o seu percorrido.
Ao desfile séguelle o tradicional pregón das festas e a verbena na praza de Santa Ana.

Destacado:

Carros do país restaurados e instalados como adorno en distintos espazos públicos da vila.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba