FEIRA DE SANTOS

Festas de interese turístico
3937
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 01/11 - 01/11

Localización

Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 47' 31.9" N - 7º 50' 06.9" W

Descrición

Considerada a Feira das Feiras en Galicia, a súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal cobrado na contorna da vila. Tradición e autenticidade son dúas calidades que se poden aplicar á feira que por Santos se celebra en Monterroso, na comarca da Ulloa, no centro xeográfico de Galicia e cruzamento de camiños de arrieiros que comunicaban a costa galega con Castela.
Polo menos, este mercado agrícola e gandeiro funciona desde 1450, data da que se teñen probas documentais, aínda que as últimas investigacións apuntan a que a feira pode ter unha antigüidade de 800 anos.
Alén da feira cabalar, Monterroso é o gran mercado dos produtos de tempada: queixos, castañas, mel, produtos cárnicos e doces, ademais de medio centenar de postos de polbo distribuídos por toda a superficie feiral.
O espazo acolle, ademais, actuacións musicais e degustacións gastronómicas locais.
Monterroso é, en definitiva, unha visita obrigada para calquera persoa interesada na cultura e tradicións de Galicia. 

Camiños de Santiago

Camiño Francés

Outras características

Feiras anuais
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!