ENTROIDO DE LAZA

Festas de interese turístico
6667
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 19/01 - 13/02

Localización

Laza - Ourense

Coordenadas:
42º 03' 38.9" N - 7º 27' 42.9" W

Descrición

Son uns dos carnavais máis enxebres de cantos teñen lugar en Galicia. Ritos e personaxes ancestrais protagonizan o transcorrer destas irreverentes festas que aquí comezan semanas antes dos días grandes de Entroido, con catro Venres de Folión.
Os días de Entroido en Laza discorren entre a praza da Picota, centro neurálxico dos actos do Entroido, e os bares, tomados polos mozos da vila, que crean un ambiente festivo coa súas continuas esmorgas en torno ao bo xantar, o viño, o licor café e as típicas augardentes galegas.
Os “peliqueiros”, armados con zamarras (unha especie de látego, con mango de madeira perfectamente labrado), con seis chocas no cinto, son as personaxes “estrelas” do Entroido e chaman a atención pola súa particular e impecable vestimenta que pode pesar ata quince quilos e as súas caretas demoníacas adornadas con imaxes de animais. Fan a súa aparición o Domingo de Entroido, despois da misa. Percorren a vila en grupo impondo a súa lei. Pódeselles insultar pero nunca tocar nin ensuciar o seu atavío.
Un dos días máis animados é o Luns de Entroido ou “Día da Borralleira”, cando, pola mañá, ten lugar a Farrapada (batalla de trapos untados con barro) e a Xitanada (procesión de parellas montadas en burros) e, pola tarde, baixa desde Cimadevila a “Morena”, un home cuberto cunha manta e cunha cabeza de vaca que se dedica a levantar as saias das mulleres, axudado pola súa comitiva que lanza sobre a multitude na praza da Picota unha chuvia de formigas vivas, en ocasións mesturadas con vinagre e fariña, para poñelas máis rabiosas.

Para non perderse
A Farrapada e a Xitanada, o Luns de Entroido.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Outras características

Entroido
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!