FESTA "DA ISTORIA" EN RIBADAVIA

Festas de interese turístico
11225
Datas de celebración: 30/08 - 31/08

Localización

Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 13.0" N - 8º 08' 39.9" W

Descrición

Na xudería de Ribadavia desenvólvese unha das festas medievais máis auténticas de todas as que teñen lugar en Galicia. Desde toda a xeografía galega chegan neste día autobuses e automóbiles particulares para participar dunha xornada de inmersión na historia, concretamente na época de esplendor do pasado da capital do Ribeiro, arredor do ano 1600, cando a comercialización do viño no estranxeiro acadou elevadísimas cotas e a comarca do Ribeiro se converteu nun dos territorios máis prósperos de España. 

A xornada comeza o sábado pola mañá coa lectura do bando da Istoria polas rúas e prazas da vila. O barrio xudeu, engalanado ao estilo medieval, acolle postos de produtos gastronómicos, con bancos e mesas para poder comer, e de produtos artesanais, nos que é imprescindible pagar con marabedís (previo cambio de moeda nunha oficina instalada no Concello). PARRAFO O mellor xeito de gozar da festa é ir ataviado ao estilo medieval, non importa o personaxe nin o seu rango social, e para lle facilitar o labor aos asistentes, a organización da festa dispón de miles de traxes para alugar. Así, poderase participar no desfile da Istoria, aberto a calquera que vaia vestido de época, ou na cea medieval, no recinto do castelo dos Sarmiento, na que nobres e viláns dan conta dos produtos máis típicos da gastronomía galega acompañados dos bos viños do Ribeiro.

A xornada está amenizada por un intenso programa de actividades, desde xogos para nenos e xadrez infantil vivente, ata loita de cabaleiros, bailes de donas sen cabaleiros, voda xudía, demostracións de cetrería, tiro con arco… todo na máis pura escenografía medieval.

Destacado: A representación da "voda xudía".

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de interese turístico nacional
Arriba