Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA DO PEMENTO DE OÍMBRA&body=Recoméndoche que leas a información FEIRA DO PEMENTO DE OÍMBRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-or-000014/feira-do-pemento-de-oimbra?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
Outra especialidade da horta galega, o pemento branco de Oímbra (Ourense), ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto, é o evento estrela do labor de promoción do pemento branco. Nos últimos anos está conquistando os mercados galegos e é sinal de identidade desta localidade da comarca de Monterrei. A festa leva celebrándose desde 1997 e atrae cada ano unhas 4.000 persoas.
Aínda que o maior atractivo da feira é o momento da comida, na que veciños e visitantes degustan tanto pementos brancos como carne, empanada ou polbo, o ambiente está animado desde primeiras horas, con concursos de pratos elaborados con pemento branco, degustacións gratuítas de pementos, expositores de venda de produtos artesáns, do campo e ferramentas agrícolas, actuacións folclóricas e incluso inchables para os nenos e nenas.
Destacado: Comida popular na carpa instalada na Carballeira.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.