FEIRA DO PEMENTO DE OÍMBRA

Festas de interese turístico
1647
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 06/08 - 06/08

Localización

Oímbra - Ourense

Coordenadas:
41º 53' 07.9" N - 7º 28' 17.9" W

Descrición

Outra especialidade da horta galega, o pemento branco de Oímbra (Ourense), ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto, é o evento estrela do labor de promoción do pemento branco. Nos últimos anos está conquistando os mercados galegos e é sinal de identidade desta localidade da comarca de Monterrei. A festa leva celebrándose desde 1997 e atrae cada ano unhas 4.000 persoas.

Aínda que o maior atractivo da feira é o momento da comida, na que veciños e visitantes degustan tanto pementos brancos como carne, empanada ou polbo, o ambiente está animado desde primeiras horas, con concursos de pratos elaborados con pemento branco, degustacións gratuítas de pementos, expositores de venda de produtos artesáns, do campo e ferramentas agrícolas, actuacións folclóricas e incluso inchables para os nenos e nenas.

Destacado: Comida popular na carpa instalada na Carballeira.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Outras características

Gastronómica
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!