CASANOVA

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
678
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: RÚA DOS FERRADORES, 21 BAIXO

15300  Betanzos - A Coruña

+34 981 775 500

Descrición

Situado no corazón de Betanzos, atópase o restaurante Casanova, certificado co distintivo de Calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A cociña é tradicional dando prioridade aos produtos locais e de calidade. Tomamos a natureza como punto de partida de todo.

O menú inclúe pratos con produtos locais recoñecibles, con moito sabor e preservando a tradición na súa elaboración.

Dependendo da tempada poderás gozar das diferentes xornadas gastronómicas.

Ten tres ambientes ben diferenciados, a Taberna para tapas na parte baixa, 2 comedores na parte superior e a Terraza exterior onde degustar o mellor da Cociña Atlántica, cociñada con mimo e intentando provocar emocións.

Tamén dispón de dúas barras, onde se pode degustar un aperitivo, un vermú ..., e sempre acompañado de tapas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba