Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SAN SALVADOR DE LOURENZÁ&body=Recoméndoche que leas a información SAN SALVADOR DE LOURENZÁ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso?cod_rec=23599%26ctre=33%26langId=gl_ES
O mosteiro foi fundado no século X por Osorio Gutiérrez, o conde santo, que logo da súa morte foi enterrado no seu templo, nun sartego de mármore paleocristián do século VI orixinario de Aquitania. O sartego pode verse na capela de Valdeflores (século XVIII) da igrexa mosteiral.
Dos primeiros séculos da historia deste cenobio consérvanse unha arca do IX e unha lauda do XII. Nesta última centuria pásase dunha congregación familiar a depender da Orde beneditina e, a principios do XVI, queda baixo a influencia de San Benito de Valladolid. No XIX, coa Desamortización, iníciase a decadencia, ata que entre 1910 e 1942 se recobra a vida monástica coa chegada de monxes dependentes de Samos. Disgregada esta comunidade, e tras un tempo como Seminario Menor Diocesano, dependente do bispado de Mondoñedo, faise cargo do edificio o Concello, que sitúa nel a súa sede.
O carácter medieval da construción pérdese coas remodelacións dos séculos XVII e XVIII. É precisamente no segundo terzo do XVIII cando se finaliza a fachada barroca da igrexa do mosteiro polo arquitecto Fernando de Casas Novoa, considerada precedente da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago.
Desde os anos 60 do século XX a edificación alberga tamén un interesante Museo de Arte Sacra.
En 1974 o conxunto é declarado Monumento Histórico Artístico.
Museos e coleccións visitables
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.