IGREXA DE SAN SALVADOR DO TORNO

Relixioso
985

Localización

Parroquia: Torno (San Salvador)

Lugar: Torno

32893  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 49.9" N - 8º 03' 41.0" W

Descrición

O edificio parroquial está formado por unha sinxela planta de nave única e presbiterio rectangular, acusando este maior altura ao exterior. Na fachada a decoración concéntrase na portada, resolta con arco de medio punto moldurado por baquetones, percorrendo toda a traxectoria, e decoración na clave. Nas doelas unha inscrición de grandes carácteres proclama que a igrexa é de refuxio sagrado. Sobre a porta, nicho avieirado con decoración de ovas, contendo a imaxe pétrea do Salvador. A espadaña desenvolve un corpo con ocos peraltados e aletóns nos flancos, rematada por un frontón. No interior destaca a Virxe co Neno, obra o século XVII, e Inmaculada seguindo o modelo iconográfico de Gregorio Fernández.

Acceso

Antes de chegar ao punto quilométrico 62 da OU-540 desviarnos á esquerda en dirección a Torno. A 100 m, collemos por unha pista a man esquerda. Dende este punto estamos a uns 900 m da igrexa.
Arriba