MOSTEIRO DA CONCEPCIÓN SANTA CLARA (AS ENCERRADAS)

Relixioso
3799
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Rúa das Monxas, s/n

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 49.9" N - 8º 38' 36.9" W

Descrición

Convento fundado en 1517 sobre outro medieval, de aí a expresión de encerradas que perdura. As obras do edificio conventual van de 1605 a 1617 para a coxía sur e 1748 para a norte. O estilo conxuga o manierismo e o barroco portugués, que se mesturan nun xogo visual coas magníficas reixas das xanelas. A igrexa do convento foi proxectada por Domingo de Andrade en 1688; conta cunha única nave co coro situado sobre ela.

O retablo maior é un magnífico exemplar realizado arredor do ano 1700 por un autor descoñecido. O convento forma un espazo urbano emblemático na cidade histórica; conserva a antiga porta de Santa María da Oliveira, resto do que fora unha das torres dos bispos de Tui desde o século XII ata o século XVI, cando foi doada para a construción do mosteiro.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Clarisas
Arriba
Axúdanos a mellorar!