CAPELA DE SAN FINS DO CASTRO

Relixioso
1159

Localización

Parroquia: Cesullas (Santo Estevo)

Lugar: San Fins

15115  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 20.9" N - 8º 55' 21.9" W

Descrición

Capela construída no século XIX, cun aire neoclásico. Ten unha planta rectangular formada por unha nave cunha ábsida á que se accede por un arco triunfal, dividido en dúas partes (presbiterio e sancristía) delimitadas por un tabique de madeira, onde se atopa o retablo. Conta cun pequeno pórtico pegado, no que se abre unha porta alintelada. A cuberta é a dúas augas con tella curva. As ventás están realizadas en cadeirado nun dos seus laterais. Destaca a espadana que coroa a fachada principal, de dous vans, rematada de forma triangular por pináculos e unha cruz. Conserva un rosetón, posiblemente dunha construción anterior. Nas súas proximidades existe unha fonte á que se lle atribúen poderes para curar as espullas, denominada "Fonte Santa".

Acceso

Dende Cabana toma a estrada LC-430 cara a Baio. Pasado O Esqueiro, enseguida se acha desvío á próxima capela.
Arriba
Axúdanos a mellorar!