AS GARZAS

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
821

Localización

Parroquia: Barizo (San Pedro)

Lugar: Barizo

Rúa: O Porto de Barizo s/n

15113  Malpica de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 12.9" N - 8º 52' 18.6" W

Descrición

As reservas deben realizarse exclusivamente por teléfono

O Restaurante

Chef: Fernando Agrasar
Entrevista:
Esta é a miña cociña
A cociña de As Garzas ten sabor a mar: o sabor do Atlántico en estado puro. Fernando di que non é unha cociña de vangarda, pero si creativa. Sen imposicións, sen elaboracións artificiosas. Só un gran produto e o talento depurado dun gran chef.
De cerca
A Fernando gústalle falar do seu restaurante como do “refuxio da fin do mundo”. Un lugar afastado do ruído e próximo á felicidade, na Costa da Morte. E cando se ten ao alcance os peixes e mariscos máis sabedeiros do mundo, o listón está moi alto. Por iso el mesmo fai a compra entre os mariñeiros e produtores locais.
O menú e algo máis
Os peixes e mariscos galegos impóñense na carta, convertidos en verdadeiros bocados de pracer. Mesmo coas variacións de temporada, o mero e a robaliza, os preferidos do chef, teñen sempre un lugar preferente. Tamén os arroces, sobre todo o de lumbrigante.Ademais dunha impresionante carta de temporada, As Garzas ofrece un exquisito menú coidadosamente pensado para “os que non queren pensar”. Son cinco pratos e dúas sobremesas, que cambian en función da temporada e do mercado, co máis innovador do restaurante.
Bo Ambiente
Situado en plena Costa da Morte, fronte ás illas Sisargas, o restaurante localízase no hotel do mesmo nome, unha edificación con grandes xanelas que parecen asomarse á beira do acantilado. O comedor é un espazo moderno e relaxante, cunha impresionante cheminea e tan só once mesas derredor. Mirando ao mar e coa mesa posta, isto é vida!

Estrelas Michelin

1 Estrela Michelin

Soles Repsol

2 Soles Repsol
Arriba
Axúdanos a mellorar!