CALVARIO DE SAN ROQUE DE CESPÓN

Etnográfico
711
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cespón (San Vicenzo)

Lugar: San Roque

15990  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 23.1" N - 8º 51' 16.4" W

Descrición

Realizado en granito, conserva restos de policromía. Posúe cruz circular, leñosa e con nós, coas figuras de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans cerrradas, coroa de espiñas, pano de pureza suxeito cunha corda, INRI (pergameo), e no reverso a Virxe en actitude de orar, coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña dun anxo; capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular, liso e con chafráns, volutas, cunchas, orlas vexetais, anxos e ábaco, lados curvos e vértices achaflanados; fuste octogonal con estrías sobre pedestal cuadrangular; base octogonal con símbolos da Paixón: caveiras e tibias; plataforma cuadrangular de dous graos. As cruces laterais son de sección octogonal sobre bases e plataformas octogonais. No fuste levan unha cartilla. O conxunto aséntase sobre unha bancada de pedra labrada.

Acceso

Dende Boiro en dirección a Padrón pola estrada C-550 tras percorrer 4 km. chegamos a Cespón, aquí tomamos un desvío á dereita con indicador a San Roque. A uns 50 metros atopamos unha praza á esquerda cunha capela e ao lado o calvario.
Accesibilidade: Peonil, coche ou autobús.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!