IGREXA DE SANTO TOMÉ

Relixioso
1465

Localización

Parroquia: San Tomé de Piñeiro (San Tomé)

Lugar: O Igrexario

36914  Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 21' 18.9" N - 8º 43' 09.5" W

Descrición

Construcción románica sobre os alicerces dunha primitiva igrexa que puido ser monacal. De pranta rectangular posúe unha soa nave e ten a peculiaridade de contar cunha ábsida pentagonal pertencente na súa orixe ao S. XII. No interior, a capela maior acolle un retablo barroco de influencia portuguesa que oculta as fiestras da cabeceira que descansa sobre dous arcos faxóns apoiados en columnas adosadas de ábacos saíntes.
Arriba