VOLTA MONTANA

Axencias de viaxes
875

Descrición

En Volta Montana ofrecémosche o mellor xeito de coñecer Galicia, levámoste aos recunchos máis escondidos, á Galicia menos coñecida e auténtica, a través das nosas rutas. 

Ofrecemos rutas de sendeirismo para tódolos públicos, así como rutas de montaña para os máis atrevidos, rutas en bici por toda a xeografía galega, excursións dun día e escapadas de fin de semana no noso territorio para empaparse de lugares con encanto durante uns días.

E se che encanta viaxar, coñecer a cultura e a gastronomía doutros lugares mentres os camiñas, somos a túa axencia, pois organizamos viaxes de sendeirismo e montaña a diferentes lugares de toda a península e máis alá. 

Somos Pablo e Cris, dous amantes da nosa terra, da nosa cultura e natureza. Somos Galicia Lovers. 

Os nosos servizos: 

- Rutas de sendeirismo diferentes cada fin de semana

- Rutas en bici de montaña

- Rutas autoguiadas

- Excursións de día completo

- Escapadas de fin de semana de sendeirismo ou montañismo

- Viaxes de sendeirismo e montañismo




Clasificación

Grupo: Maiorista-Retallista
Tipo axencia: Casa matriz
Modalidade: Axencia de viaxes on line
Arriba
Axúdanos a mellorar!