MEGA MUNDO ESTRELLA GALICIA

Museos e coleccións
745
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa José María Rivera Corral 6

15008  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 10.3" N - 8º 25' 09.6" W

Descrición

MEGA Mundo Estrella Galicia é a casa de Estrella Galicia. Un percorrido museográfico por máis de 110 anos de tradición cervexeira familiar. Distribuído en catro plantas e tres mil metros cadrados, poderás descubrir, aprender e divertirte coa historia da cervexa, os estilos cervexeiros que hai no mundo, e coñecer as materias primas e os procesos de elaboración que emprega Hijos de Rivera SAU nas súas receitas. Entra na sala de caldeiras, a nosa catedral; asómate á nosa fábrica en tempo real; percorre a evolución dos nosos envases, as nosas campañas publicitarias. Podes vivir desde dentro un concerto de SON Estrella Galicia, rodar cos nosos pilotos de Moto GP, aprender a degustar cos nosos Mestres de Cultura de Cervexa nos Obradoiros Cervexeiros, e por suposto, probar e brindar con todas as nosas cervexas na zona de degustación. Agardámoste en MEGA, moito máis que un museo.
    

Servizos

•    100% accesible a persoas con discapacidade
•    Wifi gratuíto
•    Visitas guiadas
•    Degustación de produtos incluída no prezo da entrada
•    Obradoiros de cultura de cervexa
•    Eventos de empresa: posibilidade de espazos para a realización de eventos MICE de todo tipo
•    Tenda
•    Taquillas 
•    Transporte público: Liña 11 de autobús urbano. Compañía de Tranvías da Coruña




Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/mega
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba