IGREXA PARROQUIAL DE SANTA LUCÍA DE GUNTÍN

Relixioso
1005
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Guntín (Santa Lucía)

Lugar: Guntín 7

27416  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 34.0" N - 7º 30' 33.8" W

Descrición

O templo é do século XVI e sitúase no núcleo de Santa Lucía. Ten nave rectangular con cuberta a dúas augas, capela maior a catro vertentes e sancristía acaroada ao alzado sur do presbiterio. A porta principal é de arco con doelas e sobre ela atópase unha espadana de dous vans. O retablo maior, de boa factura, presenta tres rúas e un piso. Nel destaca a escultura de Santa Lucía do século XVII.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba