EDIFICIO DO CENTRO DE INSTRUCCIÓN MILITAR

Civil
915
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Castro

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 39.9" N - 8º 14' 31.9" W

Descrición

Edificio de estilo neoclásico academicista, proxectado por Miguel Marín no século XVIII (1752). Dito proxecto foi modificado parcialmente polos enxeñeiros militares Jorge Juan e Francisco Llobet. Desde a súa orixe foi previsto para almacén de armas brancas e de fogo. Presenta unha planta rectangular. A fachada principal destaca pola súa horizontalidade. Mostra simetría nos seus vans. Sobresae un corpo que cobre a cúpula interior. A cuberta é abufardada. É unha das construcións de inspiración neoclásica máis relevantes dentro da arquitectura militar desta capital marítima. Destaca a súa magnífica entrada con escalinata principal decorada cunha preciosa varanda de ferro.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba