IGREXA PARROQUIAL DE SAN ANDRÉS DE PRADA

Relixioso
1122

Localización

Parroquia: Prada (Santo André)

32369  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 04.5" N - 7º 01' 39.2" W

Descrición

Igrexa parroquial rectangular dunha nave, na que destaca a torre cadrada e a portada principal con moldura en “orelletas”, situada no centro da aldea de Prada, aparentemente a igrexa está construída de costas ó centro da aldea, sen embargo esta situación débese a que anteriormente a entrada a aldea realizábase dende o barrio de O Pacio, dende San Fíz a través dun antigo camiño medieval.
Na fachada destaca o escudo da Casa de Lamela.

No altar maior está representado San Andrés no centro, Santo Antonio a dereita e Santa Bárbara a esquerda, na parte superior do altar está representado San Saturnino. Neste altar hai tamén unha reliquia de San Andrés.
Este santo, naceu en Betsaida (Galilea), fillo de pescadores e irmán de Simón (Pedro). A  San Andrés foi o primeiro dos 12 apóstolos en seguir a Xesús (xunto con San Juan Evangelista) .
A "paixón" apócrifa di que foi crucificado en Patras de Acaya, pero non foi cravado na cruz, senon que  estaba atado, puido predicar durante os 3 días que durou o seu martirio antes de morrer. A tradición di que morreu nunha cruz en forma de “X”, e de aí ven o nome de Cruz de San Andrés, unha cruz en forma de aspa moi usada en heráldica e vixiloloxía, é a representación de humildade e sufrimento, en heráldica simboliza caudillo invicto en combate.

Cruz de San Andrés
En tempos do emperador Constancio II (361 D.C.), as presuntas reliquias de San Andrés fofon trasladadas dende Patras a igrexa dos Apóstolos en Constantinopla. Cando os cruzados tomaron Constantinopla e 1204, as reliquias foron roubadas en trasladadas a catedral de Amalfi en Italia, onde permanecen a  maioría.

No altar maior  aparece o escudo da casa Quiroga:
Na parte central do escudo figura  o emblema da familia Quiroga. Na parte dereita atópamos 5 lanzas, símbolo da familia Quiroga Lamela, na parte inferior, atópamos 2 lagartos esmagados pon unha lousa, símbolo relativo á casa de Losada. Na parte esquerda atopamos o león quizás pertencente a casa de Ponce de León e por último, na parte inferior esquerda atópamos unha figura que fai referencia as particularidades da casa a que pertence, neste caso unha corneta de cazador, debido posiblemente a afección a caza desta familia. Este escudo observase tamén na bóveda do cruceiro tallado na pedra.

Acceso

Igrexa situada a 14 km do pobo da Veiga.
Estrada local A Veiga – Prada.
Arriba