IGREXA DE SAN PEDRO

Relixioso
1429
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Allariz (Santiago)

Lugar: Allariz

Praza do Eiró

32660  Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 17.9" N - 7º 48' 06.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico do século XII, consagrada en 1170, conservándose a ábsida cuadrangular e os canecillos que soportan o aleiro.

A torre campanario tamén é medieval. Ten pegada na fachada sur a notable portada de transición do románico ao gótico de San Salvador de Piñeiro, destruída a principios de século.

O interior é dunha única nave, se ben foi reconstruída no século XVIII. A cabeceira está presidida por un retablo barroco do século XVIII. Pódese observar no interior da igrexa sepulturas de nobres e colección de emblemas heráldicos pertencentes a benfeitores e aos personaxes alí enterrados.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba