PRAZA MAIOR

Civil
3579
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Maior

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 08.6" N - 7º 51' 50.0" W

Descrición

A Praza Maior foi durante séculos o corazón do Centro Histórico, e continúa a ser o principal punto de encontro na cidade. Ampla, luminosa e porticada, ten forma irregular e a particularidade de ser unha das poucas prazas maiores en Europa co chan inclinado. A Praza Maior (outrora Praza do Campo) acolle algún dos principais monumentos da cidade. Centra o espazo a fachada da Casa Consistorial. Ao seu lado o Antigo Pazo Episcopal. Nun lateral o Espolón, antigo paseo da nobreza hoxe reconvertido nunha das zonas de terrazas máis animadas do centro. Rodeado de soportais que sosteñen casas dos séculos XVIII e XIX, entre elas un deseño de Vázquez Gulías para a casa de Fermín García (hoxe reconvertida en espazo expositivo) adornado con azulexos, un belo exemplo de arquitectura modernista en Ourense.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba