PAZO DE TRASOUTEIRO

Civil
1572

Localización

Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)

Lugar: Trasouteiro

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 20.0" N - 9º 01' 37.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
O pazo de Trasouteiro foi fundado no século XVII pola familia Aguiar, chegada das terras de Burón para traballar como escribáns no castelo de Vimianzo para os Moscoso de Altamira.
O edificio principal é de planta rectangular, cunha á perpendicular na que están as cortes. Os muros son de cadeirado irregular sen revestir. Destaca unha escalinata de pedra que dá acceso a un corpo máis elevado ao final da á e que aparece xirada con respecto ao resto do edificio.
Completan o conxunto pacego a capela neoclásica da Nosa Señora da Concepción, unhas casas que foron escolas pías e o esbelto cruceiro. Estes elementos erguéronse a comezos do século XIX, pagados polo eclesiástico Andrés de Aguiar e Caamaño, daquela bispo de Mondoñedo e oriúndo de Trasouteiro.
Á esquerda da fachada da capela hai unha fonte onde se atopa o escudo de armas da familia do pazo, coas armas dos Ramos (unha torre entre dúas pólas), dos Aguiar (unha aguia) e dos Paredes (unhas estrelas).

Acceso

Desde a praza da Igrexa dirixirse á rúa Tedín e continuar por ela até chegar ao conxunto de Trasouteiro.
Arriba