Muros ao norte, escondida ao pé do monte Louro, Noia ao leste e Porto do Son ao sur delimitan esta fermosa e tranquila ría. As orixes de Muros e Noia remóntanse á Idade Media. Ambas as dúas conservan un casco histórico que fala dun pasado señorial ligado ao mar e á pedra: casas brasonadas, rúas porticadas, igrexas e praciñas.