Entrando case na década dos anos 70, as augas do Miño, que fertilizaban un amplo val, foron detidas. Décadas despois, algunhas aves aproveitan as novas condicións do val.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
Entrando case na década dos anos 70, as augas do Miño, que fertilizaban un amplo val, foron detidas. Décadas despois, algunhas aves aproveitan as novas condicións do val.
Pola contra do que sucede con moitos outros encoros, as beiras deste conservan unha densa vexetación que lle permite acoller unha rica comunidade de aves. A superficie de auga ten máis de 10 km de lonxitude e quilómetro e medio escaso na súa parte máis ancha, próxima á presa. A contorna atópase rodeada de viñas.
Ao encoro chegan numerosas aves acuáticas para nidificar, pero sobre todo para invernar. Nas proximidades, as ribeiras do seu tributario, o río Avia, permiten observar un bo número de aves.
De decembro a marzo e de abril a xuño
12 Km
1,5 horas en coche e 3 horas en bicicleta
Ningunha
Castrelo de Miño, Ribadavia
San Paio - Astariz
Puntos clave da ruta:
De abril a xuño
5,5 Km
2 horas a pé e 1 hora en bicicleta
Ningunha
Ribadavia
Ribadavia - A Quinza
Puntos clave da ruta:
Durante o inverno chegan ao encoro diferentes aves acuáticas como o pato chupón e o cristado, ademais do abondosos corvos mariños grandes e garzas reais, entre outras. Na primavera, os mergullóns cristados son habituais, igual que os millafres negros.
As aves das zonas húmidas son sensibles, polo que debemos manter as distancias. En concreto neste encoro as aves poden estar lonxe, polo que é importante usar telescopio.
O itinerario a pé desde Ribadavia é ideal para iniciarse na observación de aves pola súa comodidade e accesibilidade.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.