As augas detidas do río Xallas conforman un grande encoro no que aves acuáticas de diferentes especies atoparon un lugar para vivir, especialmente en inverno, cando acolle aves procedentes de latitudes máis setentrionais.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
As augas detidas do río Xallas conforman un grande encoro no que aves acuáticas de diferentes especies atoparon un lugar para vivir, especialmente en inverno, cando acolle aves procedentes de latitudes máis setentrionais.
A maior parte deste espazo ocúpao o encoro da Fervenza e Baíñas, sobre o curso medio do río Xallas. Construído nos anos 70, dedícase a reserva de auga e á produción hidroeléctrica.
A súa profundidade, especialmente na cola, non é moita, polo que é un bo lugar para observar especies que ou se alimentan no fondo ou capturan peixes mentres mergullan. A contorna do encoro, tipicamente de agras, acolle tamén un variado elenco de aves.
De decembro a marzo e de setembro a outubro
35 Km
3 horas en coche, 5 horas en bicicleta
Ningunha
Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Zas
Circunvalación do encoro da Fervenza e Baíñas
Puntos clave da ruta
Durante todo o ano podemos observar os sempre elegantes mergullóns cristados, acompañados durante o inverno por patos chupóns e cristado, corvos mariños grandes e garzas reais. Na primavera é doado observar pola contorna millafres negros e falcóns pequenos. Os prados que rodean o encoro acollen en inverno algúns pimpíns do norte, así como tordos rubios e tordos reais.
As aves das zonas húmidas son sensibles. Respectaremos o seu benestar observándoas desde a periferia, para o cal o telescopio é o mellor aliado.
A contorna é eminentemente agrícola e gandeira, polo que debemos transitar só polos camiños, sen entrar nas leiras. Igualmente, teremos coidado co gando e a maquinaria agrícola que atopemos.
En inverno, para facer paseos breves ata a beira do pantano, cómpre usar botas de goma ou hidrófugas.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.