O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés ten bosques que conviven cunha paisaxe granítica de montaña. Das súas esgrevias ladeiras descólganse torrentes e fervenzas e aparecen pozas de augas claras nas que é posible bañarse cando aperta a calor. Varios miliarios, unha calzada e as ruínas dunhas termas testemuñan a romanización destas terras. O río Caldo invítanos a relaxarnos nas súas augas termais.
No bosque, atoparemos a míticas cabaniñas ou chivanas, nas que se refuxiaban os gandeiros de outrora. Non é difícil ver aguias reais e voitres remontando as correntes de aire do parque. Nin rastrexar a pegada do lobo. Ou sorprender ao esquivo gato montés.
O Parque Nacional de Peneda-Gerês e o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés únense nas serras que marcan os límites entre Portugal e Galicia, e este carácter transfronteirizo enriquece aínda máis un espazo natural no que a diversidade cultural e lingüística, unida á variedade de bosques, o murmurio de torrentes e ríos, ou os reflexos nas tranquilas augas remansadas ofrecerannos unha experiencia única.
Punto de inicio | Tipo de ruta | Km | Duración estimada | Dificultade en progresión | Dificultade en orientación |
Balneario Río Caldo (Lobios) | Circular | 7,5 | 3 h 45 min. | Alta | Media-alta |
PERFIL: Xente con experiencia, que sabe manexar mapas e orientarse |
Aínda que son múltiples as rutas que permiten coñecer todos os recunchos do parque, propoñemos unha sinxela e de gran beleza.