SANTA MARÍA DE OIA

Relixioso
2297
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Oia (Santa María)

Lugar: O Arrabal

36794  Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 00' 11.0" N - 8º 52' 34.9" W

Descrición

O Mosteiro de Santa María de Oia, monumento principal do municipio, comezou a construírse a mediados do século XII, durante o mandato do rei galego Afonso VII. No interior dos seus muros reuníronse monxes que previamente habitaban distintos puntos da comarca. En 1185 pasou a formar parte da Orde do Císter. Conta con elementos románicos, góticos e barrocos, froito das reformas e modificacións que sufriu ata finais do século XVIII. A igrexa presenta tres naves dispostas en planta de cruz latina. O coro é do S. XVII e a fachada de estilo barroco de fins do S. XVIII.
Grazas á súa estratéxica localización (está situado xusto á beira do mar), Santa María de Oia xogou un importante papel na defensa da costa. En 1624 os monxes lograron desbaratar un ataque da flota turca, o que levou a Felipe IV a concederlle ao mosteiro o título de "Real". Tras a Desamortización de 1835 pasou a ser de propiedade privada, aínda que a igrexa funciona como templo parroquial.

Acceso

Dende a estrada 550 que une Baiona e A Garda dirección a Garda hai un desvío na mesma vila de Oia que se dirixe ao porto e ao mosteiro.

Visitas

Requisitos:
As visitas ao mosteiro son preferentemente con reserva previa na páxina web:
https://www.mosteirodeoia.com/producto/visita-guiada/
Aínda que tamén é posible adquirir entradas en despacho de billetes, non se asegura que haxa prazas dispoñibles pois existe unha cota máxima de 40 persoas por visita.
Visitable

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Estilos

Barroco
Románico

Orden Relixiosa

Cistercienses

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba