Outono Gastronómico
20º Outono Gastronómico en turismo rural 2026
Do 18 de setembro ao 20 de decembro

Que é o Outono Gastronómico?

Outro ano máis o Outono Gastronómico en turismo rural de Galicia ofréceche a posibilidade de gozar dunha saborosa gastronomía facendo unha escapada en parella, cos amigos, en familia ou regalándote un tempo para ti só. Dende o 18 de setembro ata o 20 de decembro de 2026*, as casas de turismo rural de Galicia celebran o seu “20º Outono Gastronómico”, patrocinado por Turismo de Galicia. As casas rurais participantes ofrecerán dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión.

Nesta guía podes consultar todos os establecementos incluídos na promoción, cos menús e modalidades propostos por cada un deles. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” tamén tes a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” -que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida-, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos/as). Tamén poderás gozar do Outono Plus naqueles establecementos que oferten adicionalmente outras actividades complementarias como experiencias termais, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais…

* Ofertas válidas só en venres, sábados e domingos.

Modalidades

Tes varias opcións para gozar da nosa gastronomía e turismo rural. Elixe a túa modalidade:

Paquete Outono Gastronómico

lnclúe o Menú Outono Gastronómico e a estancia na casa de turismo rural elixida (noite de venres ou sábado a escoller), co almorzo do día seguinte dentro da oferta.
175
€ / 2 persoas en cuarto dobre
115
€ / 1 persoa en cuarto individual

Fin de Semana Outono Gastronómico

Inclúe dous Menús Outono Gastronómico e dous almorzos por persoa, así como o aloxamento para as noites de vernes e sábado.
275
€ / 2 persoas en cuarto dobre
175
€ / 1 persoa en cuarto individual

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con 1 neno/a

.lnclúe dous Menús Outono Gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por neno/a, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.
325
€ / 2 adultos + 1 neno/a (ata 14 anos)

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con 2 nenos/as

lnclúe dous Menús Outono Gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada neno/a, aloxamento en dous cuartos dobres ou un dobre con dúas camas supletorias (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.
375
€ / 2 adultos + 2 neno/a (ata 14 anos)

Outono Plus

Consultar establecementos e actividades na sección Outono Plus.

Menú Outono Gastronómico

Inclúe entrante, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño Denominación de Orixe galega.
40
€ / 1 persoa

Casas rurais participantes

Casas rurais participantes en Outono Plus

As actividades descríbense nas seccións indicadas. A actividade deberá ser contratada cunha das modalidades ofertadas polo establecemento (non pode solicitarse independentemente)
Arriba