A muralla romana que rodea a cidade de Lugo é a única do mundo que se conserva enteira. Por iso e pola súa misteriosa beleza é Patrimonio da Humanidade.
A lenda di que os romanos construíron a muralla para protexer non unha cidade senón un bosque, o "Bosque Sacro de Augusto", en latín "Lucus Augusti", de aí o nome de Lugo. Hoxe o bosque é un misterio, pero a muralla segue en pé desafiando ao tempo e falando a quen saiba escoitala.