Entre Cabo Ortegal e Estaca de Bares ábrese a sinuosa Ría de Ortigueira. Salpicada de praias e calas virxes, Ortigueira é unha ría de exuberante vexetación e agrestes paisaxes, coroada pola serra da Capelada, onde abundan os cabalos salvaxes e a "herba de namorar". Fronte á illa de San Vicente, á que se pode chegar a pé coa marea baixa, esténdese a espectacular praia de Morouzos, de máis de 2 km e rodeada de piñeirais.