UNIVERSIDADE

Civil
3245
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Universidade 1

15703  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 42.6" N - 8º 32' 32.1" W

Descrición

Antiga sede da Universidade e, actualmente, da facultade de Xeografía e Historia. O edificio constrúese no último terzo do s. XVIII segundo planos de Miguel Ferro Caaveiro, sufrindo transformacións a finais do s. XIX. Realizado en cadeirado de granito e coas cubertas de tella a dúas augas, é de planta cuadrangular organizada en torno ao claustro. A fachada dividíase en dous corpos (o terceiro corpo é posterior) recorrendo aos entrantes e saíntes para dar sensación de dinamismo. Está presidida pola escalinata de acceso e a portada. Enmárcana catro columnas xónicas exentas de orde xigante que abarcan ambos corpos e que, antigamente, sostiñan un frontón coroado pola figura de Minerva, obra de Ferreiro (agora na facultade de Ciencias Químicas), onde agora se coloca o escudo. O entaboamento actual está coroado polas estatuas dos benfeitores da Universidade en distintas épocas: Juan de Ulloa, o Conde de Monterrei, Álvaro de Cadaval e Gómez de Marzoa. No terceiro corpo encontramos os medallóns con Diego de Muros e Alonso de Fonseca e o releve da Sabedoría coroando á xuventude estudosa.

Acceso

Núcleo urbano. Centro histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba