CAPELA DAS ANGUSTIAS

Relixioso
1889
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferrol

Praza das Angustias

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.9" N - 8º 13' 42.9" W

Descrición

Capela construída pola confraría que leva o mesmo nome cara a finais do século XVIII. Planta de gran profundidade, xera un longo espazo dividido en tres tramos de diferente anchura e lonxitude. Cubertas con bóvedas marcadas de lunetos baixo os que se abren óculos de iluminación. Posúe un retablo maior detrás do cal se atopa a sancristía. No seu interior potentes e brancos muros articulados por lisas pilastras das que arrancan os arcos que definen os tramos. O máis interesante é a súa fachada, cunha versión simple e desornamentada. Componse dun liso peche parietal, rectangular, definido por pilastras de esquina e unha cornixa horizontal, porta enmarcada con dóricas pilastras, cornixamento e frontón circular. A espadana é da segunda metade do XIX.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba