IGREXA DE SANTA MARIÑA DE LEMAIO

Relixioso
1116

Localización

Parroquia: Lemaio (Santa Mariña)

Lugar: O Grixario

15146  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 29.4" N - 8º 38' 27.3" W

Descrición

Datada no século XIII, é unha das igrexas máis antigas do Concello. A pesar de que a súa orixe é románica, o seu estilo actual enmárcase no Barroco.
En 1912 descóbrense dous capiteis prerrománicos no interior do templo. Hoxe en día eses capiteis visigóticos sitúanse no interior da igrexa, ao pé da escaleira, usándose un como pía de auga bendita e o outro de base.

O templo está estruturado por medio dunha bóveda de canón que se apoia en muros de cachotería reforzados por dous contrafortes cuadrantes, con arco de medio punto interior que separa a nave do presbiterio. A fachada principal caracterízase pola súa sinxeleza, cunha porta rectangular, xanela e espadana de feitura barroca de dous ocos.

Acceso

Dende Laracha en dirección a Carballo pola C-522. Tras percorrer 20 kms toma desvío á dereita por un camiño rural ata 3 kms, para tomar outra vez á dereita cara a Lemaio.
Arriba
Axúdanos a mellorar!