CRUCEIRO DE SANDRENZO

Etnográfico
675
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cespón (San Vicenzo)

Lugar: Sandrenzo

15990  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 19.3" N - 8º 52' 18.0" W

Descrición

Realizado en granito. Policromado. Posúe cruz circular, leñosa e con nós, coas figuras de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans pechadas, coroa de espiñas, pano de pureza suxeito cunha corda, INRI (pergameo), e no reverso a Virxe en actitude de orar, coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña dun anxo con ás; capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular, liso, con volutas, orlas vexetais e anxos; fuste octogonal; base cuadrangular coa inscrición ...1.917... ; non posúe plataforma.

Acceso

Desde Boiro, tomamos a AC-305 en dirección a Padrón. Na parroquia de Cespón, collemos o desvío á esquerda cara Sandrenzo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!