CASA DE RODRIGO

Turismo rural - Grupo-B (Casa de Aldea)
1549
Periodos de funcionamento: 01/01 - 31/12

Localización

Parroquia: Meiraos (Santa María)

Lugar: Paderne

27324  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 34.5" N - 7º 11' 19.1" W
+34 982 185 110
616 645 727
+34 982 185 110

Descrición

Casa Rodrigo é unha antiga vivenda tradicional restaurada. Trátase dunha construción independente situada na parte alta da aldea de Paderne, na Serra do  Courel.
A casa alúgase integramente. Dispón de tres cuartos dobres con baño privado en cada unha delas, un salón con cheminea, unha cociña e unha terraza, distribuídas en 2 plantas útiles:
Entrando desde o soportal á planta alta atopamos a cociña, o salón con cheminea e unha habitación, e descendendo á planta baixa, as dúas habitacións restantes e a terraza. Desde todas as dependencias pódese gozar dunhas estupendas vistas á montaña.
Aínda que a cociña está ben equipada, se non che apetece cociñar podes comer ou cear no restaurante de  As  Triegas (é outra das nosas casas e queda xusto á beira) Alí poderás degustar pratos preparados con ingredientes naturais: as verduras que cultivamos nos nosos hortos e a carne dos animais que criamos (pito, tenreira, porco, coello...).

Tipos de servizos

Aparcadoiro
Camas supletorias
Comedor
Dereito a cociña
Quads
Salón
Tarefas agropecuarias
Xardín / Horta

Aluguer

A casa pódese alugar completa

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos uso dobre36
Arriba