CASA SOLLA

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
2197
Galicia Calidade

Localización

Parroquia: Poio (San Salvador)

Lugar: Sineiro

Avenida Sineiro 7

Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 00.6" N - 8º 40' 08.4" W

O Restaurante

Chef: Pepe Solla
Entrevista:
Esta é a miña cociña
A cociña de Pepe Solla cambia ao ritmo dos produtos de temporada, mais hai algo que permanece: a procura da excelencia gastronómica. Pepe lógraa despoxándose do superfluo, do que só é unha moda, e centrándose no que de verdade conta: a esencia.
De cerca
Hai máis de 50 anos, e da man dos pais de Pepe, Casa Solla naceu como un restaurante tradicional onde primaba a calidade. Hoxe é un dos buques insignia da alta cociña galega. Iso si, segue a serun restaurante familiar, porque Pepe pon todo o empeño do mundo en que un se sinta feliz e relaxado. Coma na casa.
Aquí, a sinxeleza é froito dadepuración. Algo que só pode emanar da experiencia, o talento e o refinamentodun gran chef.
O menú e algo máis
En Casa Solla trabállase co mellor da zona, con produtores locais que comparten con Pepe a paixón polo auténtico. De feito, practicamente todas as verduras e hortalizas proceden de hortas ecolóxicas, e os peixes e mariscos xenuinamente galegos son sempre as estrelas da temporada.
Ademais da carta, hai dous menús para escoller: “Menú Trasmallo”, unha perfecta síntese da carta; e “Menú Piobardeira”, unha experiencia para deixarse levar e gozar ao máximo. Os menús deben ser pedidos por todos os comensais dunha mesma mesa. E na adega, máis de 1.300 referencias coidadosamente escolmadas; o mellor de Galicia, España e Portugal, e tamén dos grandes de Europa... Por algo Pepe empezou como sommelier.
Bo Ambiente
Casa Solla ocupa unha casa típica galega. En contraste cun exterior tan tradicional, o interior é totalmente contemporáneo. Un único espazo aberto, de dimensións xenerosas e decoración minimalista, que alberga salón, comedor e unha impresionante cociña á vista.

Estrelas Michelin

1 Estrela Michelin

Soles Repsol

3 Soles Repsol
Arriba